MARISA's profileALGO DE TODO, ALGO DE MI...PhotosBlogLists Tools Help

Blog


    9/15/2009

    ANDURIÑA, os meus pensamentos...

     
    Anduriña...
    a ledicia do teu movemento,
    a enerxía do teu vó,
    a unión entre ti e o vento.
     
    Os teitos de Parada,
    presencian o teu baile,
    bules, á presa...
    das vida nestes lares.
     
    Aloucada anduriña,
    anduriña voadora,
    enches o ceo tranquilo
    anduriña soñadora.
     
    A paisaxe de Parada,
    presume de ti, anduriña,
    úneste a beleza sin par
    desta paisaxe tan miña.
     
    Imaxínome contigo, anduriña,
    voando polo paraiso,
    se é certo que o hai,
    para min é isto.
     
    En Parada anduriña,
    encóntraste un lugar en calma,
    ti voas, eu vivo,
    xuntamos as nosas almas.
    9/14/2009

    CONCENTRACIÓN DE PARADELA

     

    NON FAI FALTA QUE VOS DIGA QUE ESTA CONCENTRA É UNHA PASADA, QUE ESTÁ SUPER ACOSELLADA E PARA MIN É UN PRIVILEXIO COMPARTILA CON TODOS VÓS...

    CANTO TEMPO

    Bueno, canto tempo sin escribir nada...a verdade é que desde que morreu o abuelo casi non ando nada en internet e tampouco vou as concentras polo tanto non teño moito que actualizar. Q novedades podo contar?
     
    Pois ahora temos un ferro máis. Pepe comprou unha GSX 750 F, ta como unha cabra pero non hai que facerlle...jajaja...hoxe veño de FACER TRASFERENCIA e vaia rollo. un día explícovos todo o que piden por si vos fai falta que levedes todo. ou podo facelo ahora xa...jajaja, pq o teño máis reciente.
     
    * tedes que ir a facenda, en Lugo é un edificio de cristal que hai na Ronda da Muralla. alí pidenche un impreso que venden alí e pagar o 4% do valor acual do vehículo (dícencho alí mirando por unha lista e pagase alí tamén, donde comprar o impreso, modelo 620 que vale 0,80€). logo esperas cola e levas: fotocopia do dni de comprador e vendedor, fotocopia e orixinal da ficha técnica e do permiso de circulación do vehículo, orixinal do contrato de compravenda ou fotopia compulsada e o modelo 620 do que falei antes.
     
    *logo hai que ir a tráfico, en Lugo está en Ramón Ferreiro, alí precisas outro papeliño que eu saquei de internet que se chama solicitude de trasmisión de vehículos, veñen no mesmo folio 2 para cubrir e firmar por comprador e vendedor. con eso pagar as tasas, 50€ e logo coller nº para vehículos e entregar o papel que che dan de pagar as tasas, a documentación do vehículo, autorización en caso de non ser o comprador (como foi o meu caso), fotocopias de carnets, contrato. e por fin.........CONSEGUÍN FACER A TRASFERENCIA..........despois de duas horas de voltas, fotocopias que me faltaran...ufffffff....que extres.
     
    *e si queredes CAMBIAR A MATRÍCULA, ten que ser de outra provincia, eso para empezar. e logo hai que ir a itv solicitar o cambio e fanche revisión, cobran e danche ficha nova (non sei si ó momento, creo que no) logo ir a tráfico de novo con ficha vella e nova e coller outro papeliño para cubrir, pagar 90€ e ala, a facer placas novas...
     
    Que máis podo contar...pois ahora paso os findes en Parada, como digo eu na casa rural e pola semana no chalet da praia...sin maís novedades.
     
    O finde pasado tocoume un xamón na festa do Santiago de Castroncelos, na Pobra do Brollón, tiven sorte. compreilles unha taciña para axudarlles e ganei un xamón, salín ganando desde logo e eles tamén pq eu non lles fun comer a pancetada.
     
    Este vamos ir pasar  o sábado ó Mazo de Santiagoso, un puebliño desavitado do Caurel. Hai unha romería con gaiteiros ó mediodía e empanada e chocolatada gratis a partires das 22:30. decidimos ir comer alí e pasar o día, levar cousiñas da casa e a disfrutar da paisaxe e do entorno. Este pueblo está a 2 km de Parada polo que si o día ven malo, comemos na casa...jajaja...
     
    Ahora vou escanear un cateliño da concentración dunhos amigos e a ver si convenzo a Pepe e damos chegado aló.
    Un saúdo a todos e espero volver a engancharme a esto...
     
     
    6/26/2009

    MORRE MICHAEL JACKSON

    O 'rey do pop' morreu. O cantante estadounidense Michael Jackson, de 50 años, sufriu este xoves un paro cardiaco nos Ánxeles (EEUU).
    Según Los Angeles Times, os paramédicos acudiron á casa da estrela e confirmaron que non respiraba. Tras ser sometido a unha reanimación cardiopulmonar, foi levado ó hospital da Universidade de California nos Ánxeles (UCLA). Chegou ó centro en coma profundo.

    O departamento de policía dos Ánxeles abriu unha investigación para esclarece-las circunstancias nas que se produxo a repentina morte do cantante. Jackson faleceu oficialmente ás 14.30 hora local californiana (as 23.30 hora peninsular española), según confirmou o teniente Greg Strank, quen aclarou que ás 13 horas (22.00 hora peninsular española) o artista foi trasladado ó hospital por un equipo de paramédicos dende a sua vivienda alquilada no luxoso barrio anxelino de Bel Air.

                 

    6/17/2009

    Un recordo dunha vida completa

    Estas liñan van dedicadas a Gerardo Martínez Carreira, é parte dun traballo que fixen fai unhos anos no instituto cando decidín retomar os meus estudos. Tiña que facer algo sobre a artesanía e que mellor exemplo que a obra de Gerardo e Visita durante a súa vida. Coa axuda del propúxenme deixar un recordo das cousas que el levaba feito. Ahora que nos abandonou o día 11 de xuño, a piques de cumplir os 91 anos quero que alguén máis disfrute sabendo o que era, o mellor.

    As anotacións en amarelo son posteriores ó traballo.

    UN AVÓ CARPINTEIRO

    Gerardo leva toda a súa vida traballando de carpinteiro realizando numerosas pezas que hoxe teñen un valor incalculable, sobre todo sentimental. Unha destas pezas é o seu torno, que empregaba nos seus labores e que el mesmo fixo de madeira.

    Galicia é unha comunidade que destaca pola numerosa vexetación que ten, por iso non era complicado ter madeira na casa para realizar diversos traballos de carpintería con elas. Podemos destacar castiñeiros, piñeiros, nogueiras, teixos, carballos,... estas podían ser algunhas das árbores que o avó usaba para o seu traballo. Imaxino que dependendo para que fora, necesitaría unha madeira apropiada ó uso do aparello.

    Gústaríame comenzar pola construción de carros.

    Os carros eran usados na labranza empurrados (tirados) por vacas. Para describilos minimamente diría que teñen dúas partes principais que serían as compostas polas rodas e o eixe, e a parte sobre a que vai a carga.

    Gerardo metía o eixe no torno despois de labrado para facerlle un bo asentamento ás treitoiras (onde xira o eixe). O torno era movido polo seu propio pé, ó que tiña acostumado ó movemento continuo para que este non parase de xirar. Usando as máns para retirar as virutas que sobraban coa axuda dunhas gubias.As rodas tamén teñen un traballo laborioso. Están cubertas, polo perfíl coa lamia de ferro, para impedi-la deterioración da madera. Queda por facer a chede, que serían os largueiros laterais do leito do carro. Hai dous tipos de chedes, un faise nunha soa peza fendendo e domando un pau. O outro estaría composto por tres pezas, os dous laterales e o cabezallo. Para rematar facía os estadullos e as ladreas.

    Esta sería unha descripción mínima dunha artesanía que hoxe en día está olvidada porque coa aparición dos tractores xa non se usan os carros de madeira e aínda que se usen, son os feitos antigamente que aínda se conservan.

     CARROS FEITOS POR GERARDO

    Para seguir coa labor do avó carpiteiro, decántome pola súa afición na artesanía do moble.

    Este tipo de artesanía é unha das máis antigas e tamén algunhas das obras son moi chamativas e verdadeiras obras de arte.

    As obras do avó son obras de arte para nós. Na casa ten numerosas mostras das horas que leva pasado no seu taller, na Fonte de Abaixo, para poder ter unha cama xeitosa para a súa filla, un moble para o comedor ou unha mesa para comer a diario. O número de pezas feitas por el, coa gran calidade que teñen, durarán para sempre porque o carpintero foi o mellor.

    Podo destacar un roliño que fixo para a súa filla nacida no 1947 e que chegou a usar o seu bisneto (e bisneta) despois de 50 anos gardado non faiado.

    Conservaba o toque da man de Gerardo e esa calidade que teñen as obras de antaño. Hoxe segue conservándose, e ¿quen sabe?, tal vez algún día un tatareto do tataravó tamén descanse nese rolo con historia.

    Os rolos defínense así porque se poden mover, arrolar. Habíaos feitos incluso dunha torada vaciada por dentro, onde poñían palla e un pelexo de ovella con lá.Cando o rolo ten patas denomínase berce ou barrelo que veñen sendo pequenas camas, pero con balaustres altos para que os meniños non salten.

    Tamén conserva camas fermosísimas con mesiñas a xogo e incluso coas iniciais da persoa que ía descansar cada noite nela. Con debuxos tallados, normalmente motivos vegetais, polo que Gerardo tamén traballaba o arte de talla-la madeira. Nestas obras tamén usaba o torno porque lles poñía pequenos balaustres decorando as cabeceiras e os fondos, quedando unha cama digna dun rei ou raiña, pero que na realidade quedaría para a casa.

    As camas que facía o avó non eran desas de estilo señorial con postes nas esquenas para termar do dosel. As mesas de noite son un complemento da cama. É un moble moderno que se espandiu sobre os anos vinte. Úsabase para poñer a vela, o candil ou o quinqué para alumar. Hai que recordar que non había luz. Na parte inferior poñíase o ouriñal ou penico porque tampouco había labavos. Todo este tipo de mobles que facía eran para ter unha utilidade concreta, non facía ningunha labor para simple adorno.

    As mesas que o avó fixo para a súa casa, teñen tanta calidade que o seu aspecto está igual co primeiro día. Fiestras e portas, cancelas, o chan da casa que hoxe conserva a súa man de home traballador; todo é labor do mellor carpinteiro. Dentro dos mobles podo destacar un en concreto que alberga tal cantidade de vaixelas, que un moble da maior calidade dos feitos hoxe en día non soportaría nin a metade.

     Tamén vou comentar outras das labores de carpinteiro que o noso avó realizou e trátase da de

    zoqueiro.

    A construcción do calzado na Galicia rural era importantísima porque o clima e accidentalidade do entorno obrigaba a ter un calzado apropiado, tendo en conta que non se podían permitir comprar un zapato novo cando se deterioraban os vellos. A maioría das actividades realizábanse a intemperie. Tamén o noso avó realizaba as tarefas fora do fogar, non pasaba o día metido no taller a pesar do gran número de traballos que alí realizaba, era un "milmañas".

    Gerardo comenzaba buscando a madeira apropiada para realizar as zocas, madroñas ou galochas (calquera dos nomes válidos e ditos en toda Galicia). a que el podía escoller dependía da resistencia e do boa que fose de traballar. Entre estas podían estar o bidueiro,o salgueiro, a cerdeira, o freixo,...

    Para seguir coa labor e dar rematado as zocas nun tempo non excesivo, cortaba a torada á medida e co machete comenzaba a darlle a primeira forma.Continuaba co vaciado que realizaba coas gubias e ferros de punta curvada, xusto para a talla precisa dependendo de quen fose o futuro usuario das madroñas. Para que quedasen ben lisas seguía co pulido, interior e exterior, para logo untalas con graxa e poñelas a secar para que tivesen unha maior resistencia.

    Como característica das zocas podo decir que as había femininas e masculinas. A diferencia era que as dos homes tiñan a punta afiada, chamadas de "punta de cocho", e as das mulleres eran coa punta roma. Para usar este tipo de calzado poñíanse zapatillas por dentro.

     

    O AVÓ FERREIRO

     Como Gerardo era tamén

    ferreiro facía algúns dos seus instrumentos de traballo tanto na carpintería como na labranza. Ahora vou falar desa labor que tan ben se lle daba o avó, o traballo na fragua.

    O taller do avó estaba tan completo, e está, que hoxe en día parece un museo. Tódolos instrumentos de traballo que usaba poderían ser alguns destes: atizador (para remexer as brasas),tronzafríos, berbiquís, calibres, serras, trenchas, tesoiras, martelos, cepillos, tenaces,...Os principais son os que precisa para domar, conformar e reducila forza do calor, que a golpe de martelo ou con presión, da forma ó ferro. Importantísimo é o barquín ou fol. El movíao a man ata que adquiriu un novo sistema que provisto dunha manivela que mantiña as brasas incandescentes.

    Moitos golpes leva dado Gerardo nese seu taller para facer numerosas ferramentas do campo (sachos, gadañas, sachas das fabas,...). Tamén facía cerraduras para moitas das portas que fixo para as cortes; puntas, ganchos, bisagras, caravillas, trespés,...mil cousas.

    A fragua está provista do fol, que inxecta o aire ó carbón e mantén a temperatura suficientemente elevada como para mantene-lo metal ó roxo vivo. O forxado en quente ademais de dar ó metal a forma desexada, crea no interior unha estructura fibrosa que non pode ser destruida mais que por outra fusión. Deste xeito melloranse as calidades do metal.

    Hoxe en día a forma de traballa-lo metal é distinta e máis doada. Máis doada non sería o propio, senón menos cansina porque coas soldaduras, sopletes, radiais e demais artiluxios, fan que a man do home non sexa tan fera, tan forte, senón máis descansada. Agradécese porque se realizan os traballos con máis rapidez. De tódolos xeitos aínda quedan ferreiros que se dedican a cousas concretas como a fabricación de fouces, coitelos, navallas,...

    Agora vou repasar máis por riba dous oficios que el tamén sabía pero que tal vez realizou menos. Un sería o de cesteiro e outro o de canteiro.

    O de

    cesteiro sabíao pero para a súa propia utilidade e non facendo grandes cestas nin sombreiros.Podía realizar pequeños cestos que usarían para labores do fogar ou do campo.

    Os materiais empregados na cestería son os vimbios, varas de carballo, castiñeiro, salgueiro ou cerdeira. Estes materiais non tiñan demasiada duración porque se deterioran con facilidade coa humidade, co sol e co mal uso. A pesar disto pénsase que ten unha gran tradición da que hai noticias de tempos moi antigos. Dícese que probablemente fose inventada polo Homo erectus, aínda que debido a natureza dos materiais, non haxa rexistros fósiles. Esta técnica de unir fibras vexetais supuxo un aumento da capacidade do transporte porque deste xeito podían alonxarse máis dos campamentos para recoller os frutos. Este tipo de artesanía seguiu sendo importante ata que se comenzaron a desarrollar os materiais plásticos que reemplazaron ás fibras vexetais para a fabricación de recipientes.

    Hoxe en día valórase moito o labor de cesteiro que aínda existe para numerosos obxetos decorativos. Están valorasos económicamente porque supón moito traballo tecer, por poñer un exemplo, unha silla. Ademais do momento de tecer, hai que ter en conta que hai que ter os materiais preparados, secos, aliñados e listos para que se poda facer un cesto, silla,.. dun xeito máis cómodo.

     

    Como dixen anteriormente tamén o avó"milmañas" tamén se dedicou o oficio de canteiro realizando numerosas obras de arquitectura. Cando digo arquitectura refírome a casas.

    As paredes que fixo Gerardo son tan firmes e tan ben traballadas que son auténticas obras arquitectónicas. É un home tan minucioso e perfeccionista que deixaba pedra a pedra, a plomo. A base de martelo de pico, afiado por un extremo e romo polo outro, conseguía que a pedra quedase perfecta para a súa colocación. Non usaba cemento polo que tiña que ter unha técnica moi ben traballada para que as parede non se viñeran abaixo co paso do tempo, sobre todo as das casas.

    Hai unha columna feita polo avó que parece dunha soa peza do perfecta que é. Pedra sobre pedra comenzou a facela para a que sería a súa casa e á que hoxe chamamos a Casa de Eloi. Era o ano 1960 e a base de traballo e esforzo conseguiu face-la columna e remata-la en máis ou menos dez días. Estes dez días incluiron a recollida da pedra na canteira, onde a picaba para non traer o carro cargado con pedra innecesaria. Tamén nese tempo incluíu a colocación da pedra.

          

    Casa de madeira, paredes e columna realizadas por Gerardo Martínez Carreira

     

    Espero que esta pequena historia non vos aburrira, a min ponme moi triste porque xa non está entre nós pero a gran parte deste traballo é del, axudoume dándome explicación minuciosas e seguro que si hai algún fallo entón será meu. Con todo o respeto do mundo ós oficios dos que falei e ós artesáns que o practican, foise o millor.

     

     

     

    6/15/2009

    A DONDE

    A donde vai o teu cariño
     
    A donde van os  teus sorrisos
     
    A donde as túas  palabras
     
    A donde o alumear dos teus ollos
     
    A túa paciencia
     
    O teu inxenio
     
    A donde  vai a túa bondade
     
    A donde van os teus pensamentos
     
    O teu traballo
     
    O teu sufrimento
     
    A donde vai o noso cariño
     
    A donde van os nosos sorrisos
     
    A s nosas palabras
     
    Os nosos pensamentos
     
    e o noso sufrimento
     
    A donde vas tí, avó, a donde?
     
     
     

    COMO ACTUAR

    CÓMO ACTUAR CUANDO TE PARA
    LA GUARDIA CIVIL A 180 KM/H .
     


    Un motorista de la guardia civil para un coche que circula a gran velocidad:


    Buenos días. ¿Se ha dado cuenta de que iba usted a 180?

    Lo siento, pero es que estoy muy borracho y no me fijo en las señales.
     

    ¿Me permite su carné de conducir?

    No va a poder ser, me lo retiraron por atropellar a una  anciana
     .

    ¿Los papeles del coche?
       
    Es que no es mío, lo acabo de robar.


    Mire en la guantera, quizás están ahí.
       
    Imposible, los habría visto cuando puse la pistola.


    ¿Que pistola?
       
    Hombre, la pistola con el que maté al hombre que llevo en el maletero...
     


    El guardia civil, asustado, retrocede hacia su moto y, por la radio, pide refuerzos. Inmediatamente se presentan varios coches de la guardia civil y rodean al infractor.

    El comandante se acerca al conductor:
    Buenos días ¿Me permite su permiso de circulación?

    No faltaba más, aquí tiene usted.


    ¿Los papeles del vehículo?

    Por supuesto, tenga usted.


    Ahora, con mucho cuidado.... ¿Podría abrir la guantera?

    Claro (abre y se ve la guantera vacía).


    Ahora, ábrame el maletero.
     
    (El conductor abre y como no, el maletero esta vacío).


    Perdone pero no entiendo nada: hemos venido urgentemente porque nos habían dicho que estaba usted borracho, que conducía sin carné, que el vehículo era robado y sin papeles, que llevaba una pistola en la guantera, un cadáver en el maletero...
     

       
    Interrumpiéndole: ¡No me diga mas! Seguro que también le han dicho que conducía con exceso de velocidad ¿verdad?

    6/4/2009

    UN EMPUJONCITO

    A las 3.00 A .M., suena el timbre de la casa; abre la puerta el dueño y al abrir se encuentra con un completo desconocido y borracho diciéndole:
    -¿¿ Señor, por favor, me haría el favor de empujarme un poco, que... ? El señor le inter

     rumpe indignado:
    -Pero como se atreve a tocar a mi puerta a las 3 AM?  ! Yo a usted ni lo conozco y en tres horas me tengo que levantar para irme a trabajar. Deje de molestarme y váyase de mi casa!
    El borracho se disculpa y se va obediente y cabizbajo. El dueño regresa a su cuarto, muy molesto; se queda insomne y empieza a sentir un poco de remordimiento de conciencia y piensa:

    "Y si me hubiera pasado a mi? Si mi coche se quedara tirado en medio de la madrugada y nadie me ayudara a empujarle? Debemos ayudar al projimo... ¡sabe Dios lo lejos que estará de su casa... ¡ Hay que ser solidario.
    Total, que decide salir a buscar al borracho. Abrió su puerta y ya no había nadie, no vio más que el parque de enfrente medio a oscuras, y decidió gritar:
    ¿ Donde esta el que necesita que le empujeeeeeeee??
    ...

    ...
    ...
    ...
    Y en eso se oye a lo lejos al borracho:

     

    - Aquiiiiiiiiiiiiiiiiii!!!... En los columpioooossss!!!


    6/3/2009

    BACHIR REPRESENTARÁ A GALICIA NO CONCURSO ¿QUE ES UN REY PARA TI?

    El representante gallego en «¿Qué es un rey para ti?» será un niño de Barreiros

    Bachir Salma Mohamed, estudiante de sexto de Primaria del Ceip de San Miguel de Reinante (Barreiros) será el representante gallego en la audiencia que el Rey de España ofrecerá a los 21 ganadores del concurso ¿Qué es un Rey para ti? , tras proclamarse vencedor del certamen en Galicia. La recepción con el monarca tendrá lugar en Madrid el 15 de junio.

    Bachir Salma, que tiene 13 años, conoció ayer su elección en un acto celebrado en el Museo Pedagóxico de Galicia y en donde se expusieron las 40 obras finalistas, procedentes de 20 colegios de la comunidad gallega. Al evento en el museo compostelano asistió también su compañera Aroa González, de 4º de Primaria, que también era una de las finalistas, y a quienes acompañaron la directora del centro y la profesora que coordinó el trabajo de Bachir, Leopoldina González.

    El alumno del colegio de San Miguel de Reinante presentó un trabajo bajo el título Pasapalabra de un Rey , en el que presentó a Juan Carlos I en el medio del popular rosco del concurso de televisión Pasapalabra . En él, cada letra se correspondía con una definición sobre las ocupaciones o la figura del monarca.

    CONCENTRACIÓN DE MOTOS DE NARÓN- MOTOCLUBE OS FOJETEIROS

     


    VIERNES:

    18:00h. Apertura de inscripciones, con refresco de bienvenida y bolsa con pin camiseta etc...

    19:00h. Presentación en concierto de grupos noveles de la comarca.

    21:30h. Degustación de unos pinchos.

    23:00h. Conciertos musicales a cargo de los grupos “Durango Express” y “Band Jovi”

    SABADO:

    10:00h. Apertura de inscripciones, con refresco de bienvenida y bolsa con pin camiseta etc...

    11:30h. Ruta moto turística con degustación gastronómica por los locales colaboradores.


    16:00h. Distintos entretenimientos en la carpa de la concentración en paseo marítimo de Juvia.

    16:30h. Pase de exhibición acrobática a cargo de “Emilio Zamora”, “Raúl Lerena” y una pequeña “Gran Sorpresa” en polígono do Río do pozo.

    20:30h. Cierre de inscripciones.


    21:30h. Cena motera para todos los inscritos en la carpa de la concentración en paseo marítimo de Juvia.


    23:30h. Ruta motera de antorchas en memoria de los moteros que perdieron la vida en las carreteras.


    01:00h. Espectáculo del conjuro de la queimada con degustación para todos los asistentes.

     01:30h. Gran fiesta motera con música, strippers, Juego de luces, pirotecnia, regalos y sorpresas.


    DOMINGO:


    09:30h. Desayuno motero.


    10:45h. Ruta moto turística por la comarca con degustación de pinchos a media mañana para los asistentes.


    14:00h. Comida “Gran Paellada” en la carpa de la concentración y entrega de trofeos y premios.

    16:00h. Clausura de la IV Concentración Motera “Cidade de Naron”

    Inscripción: 30€ Preinscripción: 27€
    (hasta el día 25-5-2009)

    Para mas información y ver el cartel: http://www.motoclubfojeteiros.com/ info@motoclubfojeteiros.com fojeteiro@gmail.com

    Tlf: 697-26-91-02

    5/12/2009

    CONCENTRACIÓN DE CASTRO RIBEIRAS DE LEA...ESTE FINDE

     
    PROGRAMA DE ACTIVIDADES

    Sábado 16:

    16:00->Apertura de inscripciones.
    17:30->Actuación de Nelson Pina y Jacque Stunt.
    19:00->Ruta Barítima.
    19:30->Ruta por las diferentes calles de la villa.
    21:30->Cena en Restaurante.
    23:30->Segunda actuación de Nelson Pina y Jacque Stunt.
    01.00->Sorteo de regalos seguida de una gran fiesta motera en el lugar de inscripciones con actuación musical a cargo de la orquesta “ Triunfo”.
    01:30-> Queimada y sorteo de de un jamón y 500 €.

    Domingo 17:

    10:30->Desayuno en Pastelería “ Amendoa” .
    11:30->Ruta Turística a Fontemiña con aperitivo.
    13:45-> Sesión Vermut, entrega de trofeos.
    14:30->Comida en restaurante. Despedida y agradecimiento a los participantes.

    comunicado

    Comunicado de la Guardia Civil y la Policia Nacional sobre TERRORISMO

    Es bien sabido que los musulmanes fundamentalistas (terroristas en potencia), se oponen al consumo de alcohol y consideran pecado capital el ver a una mujer desnuda que no sea la suya.
    Por esta razón, apelamos para que el próximo viernes, a las doce horas, todas las mujeres corran por sus oficinas desnudas (en bancos, oficinas públicas, empresas privadas, comercios, etc.) y que todos los hombres corran detrás de ellas con una cerveza en la mano.    Esto nos ayudará a detectar a los terroristas que existen entre nosotros a fin de capturarlos y deportarlos.
    Aquellos hombres que pusieran cara de asco, deberán ser apresados de inmediato; después ya nos encargaremos de hacer los análisis para separar a los maricones de los verdaderos terroristas.   El mundo libre y democrático agradece estos esfuerzos en la lucha contra el terrorismo.
    Esperamos la contribución de todos.

    POR FAVOR HAZLO CIRCULAR:
    ES UNA NECESIDAD URGENTE PARA RESGUARDAR LA PAZ DEL MUNDO. ¡¡¡¡¡¡¡¡ COLABORA !!!!!!!!

    Si hay que colaborar se hace y punto.....